Sergio Pena

Entradas populares

Vistas de página en total

jueves, 24 de diciembre de 2009

Pre-estrea de DOUS DE VINTETANTOS


TVG e Manuel Domingo Mayo Ramos

A pre-estrea para colaboradores e medios de comunicación do documental

DOUS DE VINTETANTOS

realizado co apoio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia
que terá lugar o vindeiro luns 28 de decembro ás 19:00 horas na Fundación Paideia (Praza de Mª Pita, nº 17, 15001, A Coruña) precedido dunha rolda de prensa cos medios de comunicación ás 12:00 horas no mesmo lugar, na que contaremos coa presencia do director Manu Mayo, a vicepresidenta de Stop Accidentes Jeanne Picard e José Alberto Fernández, pai da nena Irene Fernández, vítima de atropelo.


DOUS DE VINTETANTOS é un documental en primeira persoa que nos aproxima a unha realidade de difícil solución: a violencia viaria. A través do seguimento dos casos máis duros da recente historia negra da sinistralidade viaria en Galicia, achegámonos á dor das familias pola morte dos seus, e á inxustiza que rodea esta enorme lacra social.

Unha obsesión guía estes dous anos de traballo documental: poñer, rostro e nome, ás vítimas para evitar que se convertan nun número dunha estatística negra, e que pasen a ser outra vez DOUS DE VINTETANTOS.



Contra a indiferenza e o esquecemento

sábado, 19 de diciembre de 2009

O Labirinto Ario no Ateneo Ferrolan


Proxectase dentro das IX xornadas na Mostra de Curtametraxes a continuación está o programa do primeiro dia, máis información en:
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Luns 21 ás 19h.

1. “A nena que tiña unha soa orella”. [13']. Alvaro León. Animación.
2. “As almas do fenta”. David Vázquez Vázquez. Galego.
3. “Dies Dei”. [18']. Nani Matos. Galego.
4. “La princesa alegria”. [13']. Daniel Utrilla Cerezo e Rubén Coca. Galego.
5. “O coidador de gatos”. [15']. Fernando Cortizo. Galego.
6. “O labirinto ario”. [25']. Alfredo Pardo Hermida. Galego.
7. “Sobre a morte do Bieito”. [9']. Xudit Casas. Galego.
8. “Campás” [11']. Jairo Iglesias. Galego.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Ángel de la Cruz, premiado no festival de cine de Braga


Ángel de la Cruz, premiado como mellor realizador no festival de cine de Braga.

nova completa:
http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/11/25/0003_8129912.htm

sábado, 27 de junio de 2009

viernes, 26 de junio de 2009

PROXECCION DE SEN BARREIRAS


Una película con héroes de carne y hueso que viven rodeados de obstáculos, asi comeza a nova da proxección do documentario SEN BARREIRAS no forum metropolitano de A Coruña, na foto aparecen tres membros do equipo técnico e Mónica que aparece en pantalla contando a súa experienza.


Para máis datos ler a nova na web:

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/06/25/0003_7807928.htm

lunes, 22 de junio de 2009

THE ARYAN LABIRINTH TRAILER



Here's the Aryan Labirinth trailer, enjoy!

domingo, 21 de junio de 2009

DreamHouse in competition



Dream House é unha curta de terror do director americano Jules L. Carrozza, a peli acaba de ser admitida a competición no Terror Film Festival The Caverns de Philadelphia (USA)