jueves, 24 de diciembre de 2009
Pre-estrea de DOUS DE VINTETANTOS
TVG e Manuel Domingo Mayo Ramos
A pre-estrea para colaboradores e medios de comunicación do documental
DOUS DE VINTETANTOS
realizado co apoio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia
que terá lugar o vindeiro luns 28 de decembro ás 19:00 horas na Fundación Paideia (Praza de Mª Pita, nº 17, 15001, A Coruña) precedido dunha rolda de prensa cos medios de comunicación ás 12:00 horas no mesmo lugar, na que contaremos coa presencia do director Manu Mayo, a vicepresidenta de Stop Accidentes Jeanne Picard e José Alberto Fernández, pai da nena Irene Fernández, vítima de atropelo.
DOUS DE VINTETANTOS é un documental en primeira persoa que nos aproxima a unha realidade de difícil solución: a violencia viaria. A través do seguimento dos casos máis duros da recente historia negra da sinistralidade viaria en Galicia, achegámonos á dor das familias pola morte dos seus, e á inxustiza que rodea esta enorme lacra social.
Unha obsesión guía estes dous anos de traballo documental: poñer, rostro e nome, ás vítimas para evitar que se convertan nun número dunha estatística negra, e que pasen a ser outra vez DOUS DE VINTETANTOS.
Contra a indiferenza e o esquecemento
Etiquetas:
audiovisual.,
cine,
cinema,
composer,
movie,
music,
news,
nova,
stop accidentes
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario