Sergio Pena

Entradas populares

Vistas de página en total

Mostrando entradas con la etiqueta nova. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta nova. Mostrar todas las entradas

domingo, 12 de diciembre de 2010

GÚSTAME O CAFÉ, APOTEOSICA ESTREA MUNDIAL


Nunha desapacible noite estreouse a curta de Marisa Otero 'gústame o café' trátase dunha divertida comedia que contou coa bso de Sergio Pena.

Trayectoria de un Eco


O novo proxecto para compoñer a bso é unha curtametraxe Trayectoria de un Ecodo director alicantino Victor Perelló

martes, 11 de mayo de 2010

PROYECCIONES DE O LABIRINTO ARIO



No tuvo surte en el los premios Mestre Mateo, pero O labirinto ario sigue proyectándose en los escenarios más diversos. La productora Chantada Films confirmó ayer que durante lo que queda de mayo será posible ver este cortometraje en el Festival de Cans, en el cineclub ourensano Padre Feijoo, en el Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) y en el Festival Artístico Paralelo.

La última película del chantadino Alfredo Pardo se proyectará el día 22 en el Festival de Cans, que se organiza en esta parroquia de O Porriño desde hace siete años y está especializado en cortometrajes. Los organizadores la han programado dentro de la sección Jalpón Friki.

Pero antes de eso, podrá verse mañana mismo en el auditorio municipal de Ourense, en una proyección organizada por el cineclub Padre Feijoo dentro de las actividades del Día das Letras Galegas.

En el caso del CGAI se verá el día 22 y en el festival Paralelo, de A Coruña, el 29.

miércoles, 20 de enero de 2010

O Labirinto Ario no Pazo de Tor


A rede museística da provincia de Lugo está volcada en apoio da candidatura de O labirinto ario aos premios Mestre Mateo, vémonos ala o 23 deste mes para asistir á súa proxección.

jueves, 14 de enero de 2010

CHANTADA, UNHA POTENCIA AUDIOVISUAL


Chantada, unha potencia audiovisual

Autor:
Alberto López alberto.lopez@lavoz.es
O Concello de Chantada quixo mostrar onte o seu «ledicia e satisfacción» polas candidaturas aos premios Mestre Mateo que convoca a Academia Galega do Audiovisual de nada menos que dúas curtametraxes elaboradas en Chantada e por chantadinos. Non é para menos. Se temos en conta que na preselección de candidaturas só hai outros 15 de toda Galicia, poderiamos dicir que Chantada é unha potencia. Por unha banda está As almas do Fental , a segunda curtametraxe que dirixe o realizador David Vázquez , con guión de Elena dous Santos . O único intérprete do curto é o actor Fernando Morán , coñecido polos seus traballos en series televisivas como Matalobos ou Pai Casares -de Voz Audiovisual-, tamén nomeadas aos premios na categoría de series de televisión. Interpreta ao último habitante dunha aldea imaxinaria, O Fental, que pronto quedará deshabitada. Neste traballo, o director e a guionista intentaron recrear a vida de calquera aldea de Galicia nesas condicións e facer reflexionar ao espectador sobre a progresiva desaparición das formas de vida tradicional do rural galego. O outro curtametraxe preseleccionada é o último proxecto cinematográfico da asociación Chantada Films, Ou labirinto ario . Narra unha trama nazi ambientada nos anos cincuenta na que os alemáns intentan reedificar un novo imperio, o V Reich. Os responsables desta historia son Alfredo Pardo e Ana Belén Diz , director e guionista, que no seu momento definiron o traballo como un filme rural underground. O elenco de actores fórmano os coñecidos Mela Casal , Alejandro Carro , Fran Peleteiro , Pepe Miranda , Julio Cela , Beatriz Serén , Manoel Conde e o monfortino Ramón Pérez, que -grazas ao seu enorme parecido- volve meterse no papel de Franco . A Academia dará a coñecer os catro finalistas o próximo día vinte. Oxalá os chantadinos estean entre os seleccionados.

Non é descartable que dentro duns anos algún dos nomes que seguen figuren entre os créditos de calquera produción seleccionada para os Mestre Mateo. Iso como mínimo.

jueves, 24 de diciembre de 2009

Pre-estrea de DOUS DE VINTETANTOS


TVG e Manuel Domingo Mayo Ramos

A pre-estrea para colaboradores e medios de comunicación do documental

DOUS DE VINTETANTOS

realizado co apoio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia
que terá lugar o vindeiro luns 28 de decembro ás 19:00 horas na Fundación Paideia (Praza de Mª Pita, nº 17, 15001, A Coruña) precedido dunha rolda de prensa cos medios de comunicación ás 12:00 horas no mesmo lugar, na que contaremos coa presencia do director Manu Mayo, a vicepresidenta de Stop Accidentes Jeanne Picard e José Alberto Fernández, pai da nena Irene Fernández, vítima de atropelo.


DOUS DE VINTETANTOS é un documental en primeira persoa que nos aproxima a unha realidade de difícil solución: a violencia viaria. A través do seguimento dos casos máis duros da recente historia negra da sinistralidade viaria en Galicia, achegámonos á dor das familias pola morte dos seus, e á inxustiza que rodea esta enorme lacra social.

Unha obsesión guía estes dous anos de traballo documental: poñer, rostro e nome, ás vítimas para evitar que se convertan nun número dunha estatística negra, e que pasen a ser outra vez DOUS DE VINTETANTOS.



Contra a indiferenza e o esquecemento

sábado, 19 de diciembre de 2009

O Labirinto Ario no Ateneo Ferrolan


Proxectase dentro das IX xornadas na Mostra de Curtametraxes a continuación está o programa do primeiro dia, máis información en:
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Luns 21 ás 19h.

1. “A nena que tiña unha soa orella”. [13']. Alvaro León. Animación.
2. “As almas do fenta”. David Vázquez Vázquez. Galego.
3. “Dies Dei”. [18']. Nani Matos. Galego.
4. “La princesa alegria”. [13']. Daniel Utrilla Cerezo e Rubén Coca. Galego.
5. “O coidador de gatos”. [15']. Fernando Cortizo. Galego.
6. “O labirinto ario”. [25']. Alfredo Pardo Hermida. Galego.
7. “Sobre a morte do Bieito”. [9']. Xudit Casas. Galego.
8. “Campás” [11']. Jairo Iglesias. Galego.

viernes, 26 de junio de 2009

PROXECCION DE SEN BARREIRAS


Una película con héroes de carne y hueso que viven rodeados de obstáculos, asi comeza a nova da proxección do documentario SEN BARREIRAS no forum metropolitano de A Coruña, na foto aparecen tres membros do equipo técnico e Mónica que aparece en pantalla contando a súa experienza.


Para máis datos ler a nova na web:

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2009/06/25/0003_7807928.htm

miércoles, 27 de mayo de 2009

jueves, 30 de abril de 2009

SQUEEZED OUT OF BUSINESS SELECTED IN FESTIVALS

Squeezed Out of Business from Info on Vimeo.



The documentary film - Squeezed out of Business has been selected for a festival - 10 under10. Ten documentaries that are under 10 minutes in length are chosen and will be screened and travel as a film festival.

miércoles, 15 de abril de 2009

ENTREVISTA A FRANCO EN EL PAIS


Aqui tedes o enlace á nova:
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Franco/regresa/Meiras/elpepuespgal/20090415elpgal_13/Tes

miércoles, 11 de febrero de 2009

Links Musica Cine


O pasado sabado 7 dentro do curso que organiza a asociación Verea en Vedra, fun invitado por Alber Ponte a dar unha pequena charla sobre musica para cine, teño que recoñecer que se me fixo escaso o tempo disponible, pero sen embargo foi dabondo para mostrar unha idea xeral do tema, o interese amosado polo alumnado fixome reflexionar sobre a posibilidade de realizar un mini curso sobre a música no audiovisual enfocado a directores e realizadores, para levalo á práctica so se precisa un marco adecuado.

Como prometín aos alumnos do curso de curtametraxes que asistiron á charla:

http://www.asociacionverea.org/
http://www.mundobso.com/terminos.htm
http://www.filmmusicmag.com
http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/
http://www.teoria.com/reference/index.htm
http://www.allaboutjazz.com/
http://www.filmscoremonthly.com/

BIBLIOGRAFIA

La música en el cine………....Michel Chion
La audivisión……………….....Michel Chion
Atlas de música……………....Editorial Alianza
Música para la imagen……....José Nieto
On the track………………......Fred karlin-Rayburn Wright
Film music a neglected art….Roy Pendergast

sábado, 31 de enero de 2009

CuP of LoVE en Canada Film fesTival


Cup of Love foi admitida no Canada Film Festival 2009.


http://www.wix.com/acupoflove/A-cup-of-lovE

lunes, 26 de enero de 2009

ESTREA DE SEPARACION



BSF INdy Productions comunica o remate da produción da curtametraxe ´Separación´, dirixida por Felipe Neira
26-01-2009

O venres 30 de xaneiro terá lugar a estrea da curtametraxe SEPARACIÓN dirixida por Felipe Neira. O acto será presentado polo ClubE Cultural Valle Inclán no salón de actos da E.U. de Maxisterio de Lugo, a partir das 20h00, con entrada libre. Nel, os produtores do proxecto (Felipe Neira, Boris Hinojo e Juan Araujo) así como os seus protagonistas, presentarán dende diferentes puntos de vista a rodaxe e produción da curtametraxe.

´Separación´ foi rodada en múltiples localidades da cidade de Lugo, así como na finca de Marcelle Natureza e nas instalacións do matadoiro de Frilea en Castro de Rei, sendo os seus protagonistas principais os lucenses Roi Correa e Mauro García, que traballaron sobre o guión de Boris Hinojo. A dirección de fotografía foi levada a cabo por Juan Araujo. Ademais hai que destacar o esforzo da produción non subvencionada, ao empregar un especialista profesional en efectos especiais, Ricardo Spencer, con ampla experiencia e que traballou en diversas longametraxes como Los Lunes al Sol.

Mención aparte, a banda sonora orixinal foi creada polo compositor Sergio Pena, membro da Academia Galega do Audiovisual, con ampla experiencia musical como a súa colaboración nas longametraxes de animación "O bosque animado" e "Soño dunha noite de San Xoan". O tema principal foi creado especialmente para a curtametraxe pola nova banda ourensana Kaleya.

A obra integramente galega pretende mostrar diferentes percepcións do medio natural, poñendo en evidencia a desnaturalización do ser humano influenciado polo ambiente que o rodea.

A curtametraxe contou con múltiples colaboracións, "Fundación TIC", "Lugopress, "Ophiusa Productora de Vídeo - Editorial", "Marcelle Natureza", "Club Clavicembalo de Lugo", "FRILEA", "Spencer SFX", "Columbia Store Lugo", xunto a un grande número de persoas que fixeron posible este proxecto.

E.U. de Maxisterio de Lugo
Avda. de Ramón Ferreiro, s/n.
27071 Lugo
Teléfono: 982285865
Fax: 982285864
Correo electrónico: exbdeca@lugo.usc.es
Web: http://www.usc.es/maxisterio

viernes, 16 de enero de 2009

"18.1" Recapacitar sobre a noción de xénero


A continuación deixovos a crítica que fixo Manuel Ayán, do cineclube "Nosferatu" de Verín (Ourense), sobre a curtametraxe "18.1"

"18.1" Recapacitar sobre a noción de xénero

Unha das singularidades que caracteriza ao máis inquedo cine moderno é a súa falta de definición xenérica. As máis radicais obras do arxentino Lisandro Alonso, do taiwanés Tsai-Ming-Liang ou do catalán Albert Serra transitan por terreos onde a pertenencia xenérica está totalmente difuminada: nocións como drama, comedia, realismo ou estilización fantástica non existen pola liberdade dos códigos utilizados e pola consciencia de que tales estilemas obedecen a unha codificación un tanto obsoleta e reduccionista. Por esto mesmo, "18.1" de Gutier Rolán, é un traballo que resulta para o espectador difícil de etiquetar como obra de xénero, dado que a súa estrutura (debedora, iso si, dunha fórmula tan clásica como o plantexamento-nudo-desenlace) entra nunha especie de inversión dos códigos establecidos. Se, por exemplo, nas películas fantásticas, o terror parte dun tratamento realista para desembocar na violentación desa mesma realidade, en "18.1" o efecto é totalmente o contrario: asistimos en gran parte da película a unha estilización do fantástico máis convulso para rematar nunha coda final de estrito realismo fácilmente recoñecible, realismo que crea inquedanza, si, pero realismo ó fin e ó cabo.

"18.1" tamén funciona noutro tipo de inversión do seu discurso: o espazo en "off", ou sexa, o senso que cobra aquelo que non vemos, que está latente no exterior determinando ou inducindo unha acción interior. O feito de que o espectador non teña uns referentes externos que posibiliten unha articulación da historia narrada, crea unha suspensión do seu punto de vista: os personaxes si son conscientes do que ocorre, pero para o espectador o discurrir da historia vai nunha oblicua percepción do que aqueles contemplan. A este respecto é significativa a frase que di un dos personaxes: "están a rebuscar nos cubos do lixo". Unha inversión, pois, de dobre senso: a espacial en "off" e a demostrada na comprensión do espectador con respecto ós comentarios dos personaxes.

Sinalar, asimesmo, o protagonismo que dentro da unidade temporal e espacial da película ten esa casa como elemento aglutinador da ficción e que retrotrae a iconos fantasmagóricos tan mitificados no cine como o Maderley hitchcockiano ou o Marienbaud resnaisiano. O seu aspecto señorial é un escenario capacitado para envolver ós seus inquilinos de certa claustrofobia gótica, onde, ademais, as luces filtradas a través das cotinas e o forte resplandor lumínico da porta principal obra metafóricamente como un falso reducto liberador.

Para rematar, decir que ante esta buscada (e conseguida) ambivalencia de "18.1" só queda o papel atribuído ó espectador: ser partícipe do senso que ten a película a través do seu criterio subxectivo e chegar á conclusión de se nos atopamos ante unha obra de clara filiación xenérica.

OUTRO PREMIO PARA ''LEO''


A curtametraxe LEO, de Fernando Cortizo gañou o Festival Internacional La Pedrera Short Film Festival 2009 de Montevideo (Uruguay).


A curtametraxe de animación podese ver en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/leo/.
Dende vernes pasado foi visionada por 208 persoas.

http://www.lapedrerashortfilmfestival.com/lpsff.html

viernes, 19 de diciembre de 2008

SEPARACION BSO



A banda sonora de Separación xa está rematada e sincronizada na edición.
O xoves 18 de decembro tivo lugar unha pre-estrea na fundación TIC na que acadóu unha boa impresión por parte do publico asistente.
Creo sinceramente que este traballo dará que falar a mais dun critico, pola súa frescura e calidade a pesar da precariedade de medios.

lunes, 8 de diciembre de 2008

GOOD FLOW



Whatever é o título do documental rodado en Austin, Texas con música de Sergio Pena, trata dunha empresa de elaboración e envasado de zumes a base de cítricos. O inminente peche da factoría foi o que chamóu a atención da cineasta Chithra Jeyaram a intersarse polo tema, Good flow é o nome dunha empresa familiar que con 18 empregados factura anualmente un millón de dolares, nos seus 30 anos de existencia non tivo ningún problema sanitario e agora vese obrigada a pechar por non pasteurizar os seus produtos tal e como esixe a lei estatal.

www.goodflowhoney.com/

domingo, 7 de diciembre de 2008

A LINGUA DAS BOLBORETAS


Teatro Andamio representará a partir de agora A lingua das bolboretas con música de Sergio Pena, a banda sonora é un encargo de Alvaro Guevara, que necesitaba unha música evocadora que funcionase mais como no audiovisual.

sábado, 29 de noviembre de 2008

A TUMBA DE HITLER ESTA EN CHANTADA


Foto: Toño Parga

Como podedes imaxinar estou implicado nesta trama.
Aqui tedes o enlace da nova:

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/tumba/Hitler/Chantada/elpepiautgal/20081129elpgal_25/Tes/