Sergio Pena

Entradas populares

Vistas de página en total

martes, 30 de diciembre de 2008

O Labirinto Ario xa ten Blog


Hoxe acabase de publicar a primeira entrada do blog da curtametraxe dirixida por Alfredo Pardo, O Labirinto Ario, proxecto no que participo con gran ilusión.
O enlace é:

http://labirintoario.blogspot.com/

viernes, 19 de diciembre de 2008

SEPARACION BSO



A banda sonora de Separación xa está rematada e sincronizada na edición.
O xoves 18 de decembro tivo lugar unha pre-estrea na fundación TIC na que acadóu unha boa impresión por parte do publico asistente.
Creo sinceramente que este traballo dará que falar a mais dun critico, pola súa frescura e calidade a pesar da precariedade de medios.

lunes, 15 de diciembre de 2008


Este é un dos recentes traballos para o que compuxen, obra do director e guionista de Nevada, Joshua Cohen.
Está inscrito no concurso de youtube, asi que achegadevos a votar, gracias.

Joshua A. Cohen
Cohencidence Productions
6625 S. Valley View, Suite 422
Las Vegas, NV 89118
Cell/Text: 702-785-7654
eFax 702-549-2742
josh@joshcohen.net
www.cohencidence.com
www.myspace.com/cohencidenceproductions

lunes, 8 de diciembre de 2008

GOOD FLOW



Whatever é o título do documental rodado en Austin, Texas con música de Sergio Pena, trata dunha empresa de elaboración e envasado de zumes a base de cítricos. O inminente peche da factoría foi o que chamóu a atención da cineasta Chithra Jeyaram a intersarse polo tema, Good flow é o nome dunha empresa familiar que con 18 empregados factura anualmente un millón de dolares, nos seus 30 anos de existencia non tivo ningún problema sanitario e agora vese obrigada a pechar por non pasteurizar os seus produtos tal e como esixe a lei estatal.

www.goodflowhoney.com/

domingo, 7 de diciembre de 2008

A LINGUA DAS BOLBORETAS


Teatro Andamio representará a partir de agora A lingua das bolboretas con música de Sergio Pena, a banda sonora é un encargo de Alvaro Guevara, que necesitaba unha música evocadora que funcionase mais como no audiovisual.

sábado, 29 de noviembre de 2008

A TUMBA DE HITLER ESTA EN CHANTADA


Foto: Toño Parga

Como podedes imaxinar estou implicado nesta trama.
Aqui tedes o enlace da nova:

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/tumba/Hitler/Chantada/elpepiautgal/20081129elpgal_25/Tes/

viernes, 21 de noviembre de 2008

ESTREA de A VIDA SEN BARREIRAS


A vindeira semana celebrarase ao longo dos días 25, 26 e 27 de novembro o Seminario sobre accesibilidade "Abre barreira" impartido pola asociación de personas con discapacidade GRUMICO, na que se inclúe o visionado da longametraxe documental A VIDA SEN BARREIRAS dirixida por Adrián G. Bermúdez.

A peza reflexiona sobre a adaptación de tres personas con discapacidade física á súa nova situación e a súa visión da sociedade actual arredor da accesibilidade. Este último termo refírese á adaptación dos espazos públicos para acadar a total independencia das personas con discapacidade. O documental tamén contou coa participación de Sergio Pena na composición musical, Daniel Iglesias no deseño gráfico e Martín Gómez na pospro de son.

A realización da película fíxose posible coa colaboración da Deputación da Coruña, Concello da Coruña, Escola de Imaxe e Son da Coruña e a Asociación GRUMICO.

O visionado é ás 17 horas do 26 de novembro na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña.