Sergio Pena

Entradas populares

Vistas de página en total

viernes, 21 de noviembre de 2008

ESTREA de A VIDA SEN BARREIRAS


A vindeira semana celebrarase ao longo dos días 25, 26 e 27 de novembro o Seminario sobre accesibilidade "Abre barreira" impartido pola asociación de personas con discapacidade GRUMICO, na que se inclúe o visionado da longametraxe documental A VIDA SEN BARREIRAS dirixida por Adrián G. Bermúdez.

A peza reflexiona sobre a adaptación de tres personas con discapacidade física á súa nova situación e a súa visión da sociedade actual arredor da accesibilidade. Este último termo refírese á adaptación dos espazos públicos para acadar a total independencia das personas con discapacidade. O documental tamén contou coa participación de Sergio Pena na composición musical, Daniel Iglesias no deseño gráfico e Martín Gómez na pospro de son.

A realización da película fíxose posible coa colaboración da Deputación da Coruña, Concello da Coruña, Escola de Imaxe e Son da Coruña e a Asociación GRUMICO.

O visionado é ás 17 horas do 26 de novembro na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña.

No hay comentarios: