Sergio Pena

Entradas populares

Vistas de página en total

domingo, 24 de enero de 2010

Apoio para O Labirinto Ario


O Pazo de Tor acolleu a xornada de apoio á curtametraxe O Labirinto Ario de face aos premios Mestre Mateo. Esta produción, dirixida por Alfredo Pardo e producida por Chantada Films contou co apoio da área de Cultura da Deputación e foi rodada no lugar no que se celebrou o acto de apoio. O propio director do curto e a xerente da rede museística provincial, Encarna Lago , foron os encargados de oficiar como anfitrións.

Nada mellor para apoiar ao considerado como sétimo arte que a poesía. Helena Villar Janeiro, Cristina Corral Soilán -acompañada polo músico Xavier Prado-Xesús Rábade Paredes e o escultor e contacontos Paco Pestana recitaron poemas en distintas habitacións do pazo, nalgúns casos acompañados por música. A proxección da curtametraxe foi a guinda dunha gran xornada que concluíu cunha degustación de produtos galegos e de viños de Ribeira Sacra. O programa continua hoxe con catro novas visitas guiadas ao pazo nas que tamén poderá visionarse o filme e que levarán a cabo ás doce e unha do mediodia e ás cinco e seis da tarde.
Autor:
X. R. Penoucos xoseramon.penoucos@lavoz.es
Data de publicación:
24/1/2010

No hay comentarios: