Sergio Pena

Entradas populares

Vistas de página en total

sábado, 7 de marzo de 2009

TODOS SOMOS FRIKIS


Lonxe do glamour de Holywood existen outras formas de vida, uns chamanlle cine de autor, cine independente, e que sei mais.
Eu considerome dentro deste colectivo de persoas que antepoñen a ilusión e mesmo o talento ao diñeiro e a riqueza de medios, de feito levo colaborando en curtas con equipos que sen moita experiencia en algúns casos ou con apenas medios, e incluso nos dous casos, sempre sen animo de lucro. Non digo desinteresadamente porque o meu interese existe, estar nun proxecto desenvolvendo a miña faceta de compositor é para min unha gran experiencia, formar parte dun equipo de xente que é capaz de facer con entusiasmo aquelo que outros non farían nin por cartos, este é o meu interese.
Para todos os que andamos a pelexar partindo de abaixo, por materializar os nosos soños en fotogramas, atopei un nome que con certa retranca utilizo en primeira persoa porque eu son o primer friki do panorama.
Como podedes imaxinar non utilizo a palabra friki despectivamente, senon con ironía.
O outro dia falando con Espilbe me comentaba que ía a desaparecer a Axencia Audiovisual, ao que contestei cunha pregunta, quen sería tan insensato para destruir algo que leva funcionando tan ben e conta coa admiración de todo o (estratéxico) sector?
Espilbe quedóu calado un pedazo e logo chamóume FRIKI, supoño que se refería a ese rasgo que temos os creadores, a capacidade de crer naquelo que que non podes atopar nos supermercados, asi que lonxe de molestarme fixome sentir moi ben.
Supoño que despois de ler estes párrafos estaredes mais convencidos do friki que son.
Cada un ten un camiño que seguir, haberá dificultades, pero xa non hai volta atrás.

No hay comentarios: