sábado, 21 de febrero de 2009
Ciclo Alber Ponte en Flocos TV
Esta fin de semana... en Flocos TV: Ciclo Alber Ponte
Esta fin de semana, o cineclube do audiovisual galego achega ao público unha selección de curtametraxes dirixidas por Alber Ponte, o curtametraxista galego é un dos máis prolíficos do mundo. Ante este dato incontestábel Flocos TV non podía deixar pasar a oportunidade de dedicarlle un ciclo a Alber Ponte, un ciclo do que estamos seguros non será o primeiro.
Alber Ponte está considerado como o mais prolífico director de curtametraxes de España (46) e o segundo de Europa, por detrás dun islandés que xa sobrepasa os cincuenta. As súas pequenas pezas teñen acadado numerosos premios e recoñecementos en multitude de festivais estatais e internacionais. Recentemente o festival de Regesburgen (Alemaña) recoñeceu a súa dilatada traxectoria cunha retrospectiva a e a publicación dun libro sobre a súa obra.
Entre as pezas que colgarán de flocos nesta fin de semana están: Unha luz encendida (Primeiro Premio no Festival Internacional de Bruselas) , El origen del problema (Gran Premio do público no festival de Clermont-Ferrand), Rosita y jacinto ou Pernambuco. Todas elas contan con magníficas interpretacións de grandes actores galegos, como Nancho Novo, Luis Tosar, Luis Zahera, Fran Grela ou Camila Bossa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario