Sergio Pena

Entradas populares

Vistas de página en total

sábado, 18 de agosto de 2012

NEVE (noise)

Hoxe removendo os videos dos traballos realizados tiven un grato achádego, nada máis e nada menos que 'NEVE'o nome ven do efecto que se produce cando o televisor non ten sinal, trátase dunha curtametraxe do director Miguel Corujo que realizou en 2003, con un moi bo guión que te manten atento e consegue sorprenderte na resolución da trama. Mágoa de escasez de medios, ainda asi contou con grandes actores como Rosa Álvarez, Xan Bravo, Andrea A. Pino e Uxío Xiro. A música obviamente foi miña e lembro que foi moi interesante a proposta de Miguel que me suxeriu tomar referencias da factoría Hammer. En breve haberá unha ficha de 'Neve' en IMDB.

No hay comentarios: