Sergio Pena

Entradas populares

Vistas de página en total

sábado, 31 de enero de 2009

CuP of LoVE en Canada Film fesTival


Cup of Love foi admitida no Canada Film Festival 2009.


http://www.wix.com/acupoflove/A-cup-of-lovE

lunes, 26 de enero de 2009

ESTREA DE SEPARACION



BSF INdy Productions comunica o remate da produción da curtametraxe ´Separación´, dirixida por Felipe Neira
26-01-2009

O venres 30 de xaneiro terá lugar a estrea da curtametraxe SEPARACIÓN dirixida por Felipe Neira. O acto será presentado polo ClubE Cultural Valle Inclán no salón de actos da E.U. de Maxisterio de Lugo, a partir das 20h00, con entrada libre. Nel, os produtores do proxecto (Felipe Neira, Boris Hinojo e Juan Araujo) así como os seus protagonistas, presentarán dende diferentes puntos de vista a rodaxe e produción da curtametraxe.

´Separación´ foi rodada en múltiples localidades da cidade de Lugo, así como na finca de Marcelle Natureza e nas instalacións do matadoiro de Frilea en Castro de Rei, sendo os seus protagonistas principais os lucenses Roi Correa e Mauro García, que traballaron sobre o guión de Boris Hinojo. A dirección de fotografía foi levada a cabo por Juan Araujo. Ademais hai que destacar o esforzo da produción non subvencionada, ao empregar un especialista profesional en efectos especiais, Ricardo Spencer, con ampla experiencia e que traballou en diversas longametraxes como Los Lunes al Sol.

Mención aparte, a banda sonora orixinal foi creada polo compositor Sergio Pena, membro da Academia Galega do Audiovisual, con ampla experiencia musical como a súa colaboración nas longametraxes de animación "O bosque animado" e "Soño dunha noite de San Xoan". O tema principal foi creado especialmente para a curtametraxe pola nova banda ourensana Kaleya.

A obra integramente galega pretende mostrar diferentes percepcións do medio natural, poñendo en evidencia a desnaturalización do ser humano influenciado polo ambiente que o rodea.

A curtametraxe contou con múltiples colaboracións, "Fundación TIC", "Lugopress, "Ophiusa Productora de Vídeo - Editorial", "Marcelle Natureza", "Club Clavicembalo de Lugo", "FRILEA", "Spencer SFX", "Columbia Store Lugo", xunto a un grande número de persoas que fixeron posible este proxecto.

E.U. de Maxisterio de Lugo
Avda. de Ramón Ferreiro, s/n.
27071 Lugo
Teléfono: 982285865
Fax: 982285864
Correo electrónico: exbdeca@lugo.usc.es
Web: http://www.usc.es/maxisterio

lunes, 19 de enero de 2009

CURSO DE GUIONS


´Como evitar los errores más habituales en la escritura de guión cinematográfico´, curso de Alber Ponte na ACE
19-01-2009

Un dos cineastas cunha carreira máis ampla na curtametraxe, o galego Alber Ponte, é a persoa que impartirá o curso da ACE (Asociación de Curtametraxes Españoles) que leva por título ´Como evitar los errores más habituales en la escritura de guión cinematográfico´. Terá unha duración de 20 horas, do 26 ao 30 de xaneiro, de 18h00 a 22h00, na Aula de formación da ACE (C/ Mayor, 6, 5ºpl - Of 6Bis - Madrid - Metro: ).


Alber Ponte eríxese como a figura responsable para intentar canalizar os seus coñecementos adquiridos na súa ampla traxectoria a 10 previlexiados alumnos. A matrícula do curso é de 100 euros.

Para facer a solicitude: agencia@acesp.info

http://www.acesp.info/

viernes, 16 de enero de 2009

"18.1" Recapacitar sobre a noción de xénero


A continuación deixovos a crítica que fixo Manuel Ayán, do cineclube "Nosferatu" de Verín (Ourense), sobre a curtametraxe "18.1"

"18.1" Recapacitar sobre a noción de xénero

Unha das singularidades que caracteriza ao máis inquedo cine moderno é a súa falta de definición xenérica. As máis radicais obras do arxentino Lisandro Alonso, do taiwanés Tsai-Ming-Liang ou do catalán Albert Serra transitan por terreos onde a pertenencia xenérica está totalmente difuminada: nocións como drama, comedia, realismo ou estilización fantástica non existen pola liberdade dos códigos utilizados e pola consciencia de que tales estilemas obedecen a unha codificación un tanto obsoleta e reduccionista. Por esto mesmo, "18.1" de Gutier Rolán, é un traballo que resulta para o espectador difícil de etiquetar como obra de xénero, dado que a súa estrutura (debedora, iso si, dunha fórmula tan clásica como o plantexamento-nudo-desenlace) entra nunha especie de inversión dos códigos establecidos. Se, por exemplo, nas películas fantásticas, o terror parte dun tratamento realista para desembocar na violentación desa mesma realidade, en "18.1" o efecto é totalmente o contrario: asistimos en gran parte da película a unha estilización do fantástico máis convulso para rematar nunha coda final de estrito realismo fácilmente recoñecible, realismo que crea inquedanza, si, pero realismo ó fin e ó cabo.

"18.1" tamén funciona noutro tipo de inversión do seu discurso: o espazo en "off", ou sexa, o senso que cobra aquelo que non vemos, que está latente no exterior determinando ou inducindo unha acción interior. O feito de que o espectador non teña uns referentes externos que posibiliten unha articulación da historia narrada, crea unha suspensión do seu punto de vista: os personaxes si son conscientes do que ocorre, pero para o espectador o discurrir da historia vai nunha oblicua percepción do que aqueles contemplan. A este respecto é significativa a frase que di un dos personaxes: "están a rebuscar nos cubos do lixo". Unha inversión, pois, de dobre senso: a espacial en "off" e a demostrada na comprensión do espectador con respecto ós comentarios dos personaxes.

Sinalar, asimesmo, o protagonismo que dentro da unidade temporal e espacial da película ten esa casa como elemento aglutinador da ficción e que retrotrae a iconos fantasmagóricos tan mitificados no cine como o Maderley hitchcockiano ou o Marienbaud resnaisiano. O seu aspecto señorial é un escenario capacitado para envolver ós seus inquilinos de certa claustrofobia gótica, onde, ademais, as luces filtradas a través das cotinas e o forte resplandor lumínico da porta principal obra metafóricamente como un falso reducto liberador.

Para rematar, decir que ante esta buscada (e conseguida) ambivalencia de "18.1" só queda o papel atribuído ó espectador: ser partícipe do senso que ten a película a través do seu criterio subxectivo e chegar á conclusión de se nos atopamos ante unha obra de clara filiación xenérica.

OUTRO PREMIO PARA ''LEO''


A curtametraxe LEO, de Fernando Cortizo gañou o Festival Internacional La Pedrera Short Film Festival 2009 de Montevideo (Uruguay).


A curtametraxe de animación podese ver en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/leo/.
Dende vernes pasado foi visionada por 208 persoas.

http://www.lapedrerashortfilmfestival.com/lpsff.html

martes, 13 de enero de 2009

DE LA MISMA SANGRE


De la misma sangre é o título da curtametraxe dirixida por Oscar Galanski, este novo director aborda unha temática atrevida, que narra unha historia de baixos fondos na que non poden faltar as escenas de violencia, cunha gran carga dramática no relato.
A música da banda sonora, composta por Sergio Pena estará en breve rematada, concluindo a posproducción deste proxecto producido pola EGACI.
En palabras do compositor ''as nosas rías posuen un ecosistema ideal para as historias de cine de acción''

domingo, 11 de enero de 2009

ESTREA DE A GALIÑA, A GALIÑA E A GALIÑA



O mais recente traballo de Alber Ponte poderá ser visto este luns, non lle perdades a pista, á galiña claro!
http://a-galinha.blogspot.com/

sábado, 10 de enero de 2009

Leo de Fernando Cortizo gaña o IX Certamen Internacional de Cortos de Animación Ibercaja


Leo, do director galego Fernando Cortizo, recolleu o premio Homenaje a Francis Cillero, no IX Certamen Internacional de Cortos de Animación Ibercaja-Actual 2009, nunha ceremonia celebrada no Centro Cultural Ibercaja.
O xurado, estivo encabezado por Bernardo Sánchez.